Saltar ao contido

Sisto V, papa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaSisto V, papa

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(la) Sixtus PP. V Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(it) Felice Piergentile Editar o valor en Wikidata
13 de decembro de 1521 Editar o valor en Wikidata
Grottammare (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte27 de agosto de 1590 Editar o valor en Wikidata (68 anos)
Roma Editar o valor en Wikidata
Causa da mortemalaria Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturabasílica de Santa María a Maior
Tomb of Sixtus V (en) Traducir
Paoline Chapel (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
227º Papa
24 de abril de 1585 – 27 de agosto de 1590
← Gregorio XIIIUrbano VII →
Bishop of Fermo (en) Traducir
17 de decembro de 1571 – 14 de agosto de 1577
← Lorenzo LenziDomenico Pinelli (pt) Traducir →
Diocese: diocese of Fermo (en) Traducir
Roman Catholic Bishop of Sant’Agata de’ Goti (en) Traducir
15 de novembro de 1566 –
← Giovanni Beraldo (en) TraducirVincenzo Cisoni (en) Traducir →
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Pontificios Editar o valor en Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Roma
Estados Pontificios Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónbispo católico (1567–), sacerdote católico (1547 (Gregoriano)–), diácono (1540 (Gregoriano)–) Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Boloña Editar o valor en Wikidata
LinguaLingua italiana Editar o valor en Wikidata
Orde relixiosaCordeliers (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
ConsagraciónAntonio Lauro (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Participou en
21 de abril de 1585Conclave de 1585 (pt) Traducir
12 de maio de 1572conclave de 1572 Editar o valor en Wikidata
Familia
Cónxuxesen valor
PaisPiergentile Peretto (en) Traducir Editar o valor en Wikidata  e Marina (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
IrmánsMaria Felice Mignucci Peretti (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
ParentesMichele Peretti (en) Traducir (sobriño)
Alessandro Peretti di Montalto (pt) Traducir (sobriño)
Flavia Peretti Damasceni (pt) Traducir (sobriña)
Francesco Peretti di Montalto (pt) Traducir (sobriño neto) Editar o valor en Wikidata
Sinatura
Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

BNE: XX824077 WikiTree: Montalto-3 Find a Grave: 7143081 Editar o valor en Wikidata
Sisto V

Felice Peretti, nado en Grottammare o 13 de decembro de 1520[1] e morto en Roma o 27 de agosto de 1590, foi o papa número 227, elixido papa o 1 de maio de 1585, escollendo o nome pontifical de Sisto V (en latín Sixtus V ou Systus V).

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo de modestos campesiños da comarca de Ancona, na rexión das Marcas, ingresou na orde dos franciscanos conventuais. Fixo a súa carreira eclesiástica como predicador, até entrar na Inquisición, primeiro en Venecia (de 1557 a 1560) e máis tarde en España, onde foi acompañado do legado Boncompagni, futuro Gregorio XIII. En 1566, foi nomeado vigairo xeral da súa orde. Recibiu moi pronto responsabilidades pastorais, ao ser nomeado bispo de Sant’ Agata dei Goti, e despois de Fermo.

No 24 de abril de 1585, tras a morte de Gregorio XIII, foi elixido papa. Tomou o nome de Sisto V como homenaxe a Sisto IV, outro papa franciscano (1414-1484). Pouco tempo antes, o conclave xa designara un representante dunha orde mendicante na persoa de Pío V, dominico. A tendencia mostraba o retorno das grandes forzas da Idade Media, con menoscabo das que foran xurdindo durante a Reforma católica, como os xesuítas.

O pontificado de Sisto V acelerou a evolución dos Estados Pontificios cara a un Estado moderno. Tal evolución era probabelmente consciente: o papa posuía na súa biblioteca un exemplar do Príncipe de Maquiavelo. Sisto V esforzouse ante todo en garantir a seguranza dos seus Estados ao ditar medidas máis severas contra os bandidos. Loitou contra os poderes feudais locais. Realizou unha política dinámica de obras públicas e de emprego: o saneamento das marismas pontinas foi tamén un medio de fornecer traballo aos innúmeros mendigos. Agrandou a Biblioteca vaticana e fixo construír a sala Sistina por Domenico Fontana. Reorganizou a Curia romana, creando pola bula Immensa æterni Dei congregacións permanentes. Impulsou a impresión dunha edición corrixida da Vulgata, a fin de formar unha barreira contra os protestantes, mais sen demasiado éxito. Paralelamente, cubriu de favores ao seu sobriño Alessandro, ao que fixo cardeal con tan só 15 anos de idade.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.