Mocidade. Un relato
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Mocidade (homónimos).
Mocidade | |
---|---|
Primeira páxina da edición de 1902. | |
Título orixinal | Youth |
Autor/a | Joseph Conrad |
Orixe | Reino Unido |
Lingua | Inglés |
Xénero(s) | Novela |
Editorial | Blackwood's Magazine Editorial Hugin e Munin |
Data de pub. | 1898 2016 |
Formato | Tapas duras e brandas |
Páxinas | 66 |
ISBN | ISBN 9788494442216 |
Tradución | Alejandro Tobar |
[ editar datos en Wikidata ] |
Mocidade[1] (en inglés: Youth) é unha novela autobiográfica escrita por Joseph Conrad. Escrita en 1898,[2] foi publicada por vez primeira por Blackwood's Magazine, e foi incluída como a primeira historia do volume de 1902 Youth, a Narrative, and Two Other Stories. Este volume tamén inclúe Heart of Darkness e The End of the Tether, historias relacionadas coa madureza e a vellez respectivamente. "Mocidade" conta a primeira viaxe cara ó leste dun home novo. É narrado por Charles Marlow, quen tamén é o narrador de Lord Jim, Chance e Heart of Darkness.
Foi traducido ó galego por Alejandro Tobar[3] e foi publicado pola Editorial Hugin e Munin no ano 2016.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Mocidade. Traducido por Alejandro Tobar (1ª ed.). Santiago de Compostela: Editorial Hugin e Munin. 2016. ISBN 9788494442216 – vía Biblioteca da Tradución Galega.
- ↑ "Joseph Conrad | Biography, Books, Short Stories, & Facts". Encyclopedia Britannica (en inglés). Consultado o 11 de marzo de 2019.
- ↑ Editorial Hugin e Munin (ed.). "Catálogo da Editorial Hugin e Munin (actualizado o 1 de xaneiro de 2019)" (PDF). p. 37. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 01 de abril de 2019. Consultado o 26 de marzo de 2019.