Jia
Jia | |
---|---|
Título orixinal | 家 |
Autor/a | Ba Jin |
Orixe | China |
Lingua | chinés |
Tema(s) | Autobiografía |
Data de pub. | 1931-1932 |
ISBN | ISBN |
[ editar datos en Wikidata ] |
Jia (en chinés: 家, pinyin: Jiā, Wade-Giles: Chia) é unha novela autobiográfica do autor chinés han Ba Jin, cuxo alcume litarario era Li Feigan (1904-2005). A novela é unha crónica do conflito interxeracional entre as vellas formas e as aspiracións progresistas no seo dunha familia de clase alta da cidade de Chengdu, unha próspera pero provinciana cidade de Sichuan a comezos da década de 1920, seguindo o Movemento pola Nova Cultura. A novela foi moi popular entre a xuventude chinesa e estabeleceu ó seu autor como a voz da súa xeración.
Sinopse
[editar | editar a fonte]A historia céntrase nos tres irmáns da familia Gao, Juexin, Juemin e Juehui, e os seus conflitos coa autocracia opresiva da súa familia. O idealista e rebelde Juehui, o máis novo dos irmáns, é o protagonista principal, e é a miúdo comparado co seu irmán meirande, Juexin, que ten un carácter feble, accede a tódalas demandas do seu avó e vive apreixoado nunha vida que non quere.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Decker, David. "Chronicle of Revolt: Fate vs. Choice." in: Lin, Phylis Lan, Ko-wang Mei, e Huai-chen Peng (editores). Marriage and the Family in Chinese Societies. University of Indianapolis Press, 1 de xaneiro de 2002. p.235-248. ISBN 1880938014, 9781880938010.
- Lang, Olga. Pa Chin and His Writings: Chinese Youth Between Two Revolutions. Cambdridge, Mass. Harvard University Press, 1967.
- Mao, Nathan K. Pa Chin. Boston: Twayne Publishers, 1978.
- Ru, Yu-ling. The Family Novel: Toward a Generic Definition. Nova York: Peter Lang, 1992.