Saltar ao contido

iTunes Store

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

iTunes Store
Publicación inicial28 de abril de 2003
Sistema operativomacOS, Windows, tvOS, iOS
Plataforma/sTenda en líña, Distribución dixital
Sitio webwww.apple.com/itunes

A iTunes Store é unha tenda de contido dixital operada por Apple Inc. que abriu o 28 de abril de 2003. Está dispoñible na maioría dos dispositivos domésticos e portátiles de Apple, así como nalgunhas plataformas doutras empresas. A tenda abriuse como parte da iniciativa do entón CEO Steve Jobs para abrir un mercado dixital para a música; cando abriu, era o único catálogo dixital legal de música que ofrecese cancións dos cinco grandes selos discográficos, o que contribuíu no seu éxito e influencia no negocio da descarga de música.[1] Aínda que inicialmente era un xogador dominante nos medios dixitais, a mediados da década de 2010, os servizos de streaming estaban xerando máis ingresos que o modelo de compra que utilizaba a iTunes Store; Apple agora opera o seu propio servizo de música de streaming baseado na subscrición, Apple Music, paralelamente á iTunes Store.

Steve Jobs viu a oportunidade de abrir un mercado dixital para a música debido á crecente popularidade das cancións facilmente descargables.[2][3][4][5] En 2002, Jobs fixo un acordo coas cinco grandes discográficas para ofrecer o seu contido a través de iTunes.[6] A iTunes Music Store (máis tarde iTunes Store) foi presentada por Jobs nun evento musical especial de Apple en abril de 2003.[7][8] A música podíase mercar na aplicación de iTunes e as compras podían reproducirse en iTunes ou na plataforma de iPod. A tenda estaba dispoñible inicialmente para ordenadores Mac,[9] e posteriormente foi ampliada a Microsoft Windows en outubro de 2003.[10]

En abril de 2008, a iTunes Store foi o maior vendedor de música dos Estados Unidos,[11] e en febreiro de 2010, foi o maior vendedor de música do mundo.[12] Os ingresos da iTunes Store no primeiro trimestre de 2011 sumaron case 1.400 millóns de dólares.[13] Para o 28 de maio de 2014, a tenda vendera 35 mil millóns de cancións en todo o mundo.[14]

En 2016, informouse de que os servizos de transmisión de música superaran as descargas dixitais nas vendas.[15] Reportouse que as vendas de descargas dixitais ao estilo de iTunes caeran un 24% mentres a transmisión continuaba aumentando.[16]

En abril de 2018, a aplicación iTunes engadiuse á tenda de aplicacións de Windows 10.[17] A partir da primavera de 2019, a aplicación iTunes estivo dispoñible nos televisores intelixentes de Samsung.[18]

En outubro de 2019, co lanzamento de macOS Catalina, iTunes dividiuse en aplicacións de Música, TV e Podcasts separadas. A tenda de películas e programas de televisión de Apple cambiou dentro da aplicación de TV. Calquera música da biblioteca de iTunes dos usuarios transferiríase á aplicación Música, que aínda ofrecería acceso á iTunes Store.[19][20]

A tenda comezou despois de que Apple asinara tratos cos cinco maiores selos discográficos nese momento: EMI, Universal, Warner Bros, Sony Music Entertainment e BMG (os dous últimos se fusionaron para dar orixe a Sony BMG). A música de máis de 600 artistas de selos independentes foi agregada posteriormente, o primeiro foi Madonna o 29 de xullo de 2003.

A tenda ten máis de 45 millóns de cancións, máis de 45 000 películas incluíndo pistas exclusivas de numerosos artistas populares. Non todos os artistas están dispoñibles en iTunes, incluíndo algúns como Garth Brooks e Tool, así como unha carencia total de álbums de moitos artistas.

Novas cancións son ingresadas ao catálogo de iTunes cada día, mentres que a tenda iTunes é actualizada cada martes. Apple tamén difunde unha "Single of the Week" (A Canción da Semana) e usualmente un "Discovery Download" os martes, a cal está dispoñible gratis durante unha semana.

Algúns artistas han tenido que retirar a súa música da tenda. Probablemente o caso máis notable é a produción de Frank Zappa; unha significante cantidade da súa música foi engadida á tenda iTunes en agosto de 2005 e un ano despois foi retirada.

As cancións descargadas inclúen información como o nome, artista e álbum, aínda que iTunes prové un servizo para facer isto para cancións que non ten custo algún para a tenda. As cancións vienen tamén con carátulas do álbum. Co lanzamento do iTunes 7, estas carátulas poden obtenerse para cancións non adquiridas de maneira gratuíta se o usuario posee unha conta en iTunes Store. As cancións compradas non vienen coas súas letras xa escritas, ni tampouco iTunes ofrece un servizo para adquirir letras de cancións. Non obstante, estas poden obtenerse facilmente usando un sitio web distinto o a aplicación Dashboard.

Subdivisións

[editar | editar a fonte]

Cando comenza a operar a tenda de música nos Estados Unidos, había moitas tendas subdivididas ás que un podía entrar. Estas tendas tamén se encontraban baixo os títulos 'More In Music,' 'Genres,' 'Pre-Orders,' 'Celebrity Playlists' e 'Free Downloads'. En 'More In Music', un pode entrar a varias tendas aleatorias como Starbucks Entertainment e iTunes Essentials. Con 'Genres', un pode entrar a tendas que só teñen un xénero musical como blues o reggae. Hai un total de 20 xéneros na tenda de música estadounidense. En 'Pre-Orders' podes listar álbums que un pode pedir por anticipado antes de que o álbum sexa lanzado. En 'Celebrity Playlists' pode contén listas de cancións elixidas e descritas por celebridades. En 'Free Downloads' son cancións que usuarios subscritos a iTunes Store poden obter de balde.

O 1 de novembro de 2006, Apple creou unha nova categoría para contido latino, 'iTunes Latino'. Telemundo e Mun2 deixaron algúns dos seus programas populares dispoñibles por cargo, converténdose no primeiro contido hispano de televisión na tenda. Ofrecía música, vídeos musicais, podcasts e programas televisivos en español nunha soa área. A ampla descrición dada ao contido estaba en español; así como as súas subcategorías. A banda de Flamenco Metal orixinaria de Xibraltar, Breed 77, lanzou un álbum exclusivo chamado Un Encuentro, para coincidir co lanzamento de "iTunes Latino". Contiña 11 cancións, todas de álbums previos, pero todas cantadas en castelán.

Audiolibros (Audiobooks)

[editar | editar a fonte]

iTunes Store tamén inclúe máis de 20 000 libros falados, codificados a 32 Kbits/s. Previos de noventa segundos se ofrecen por cada libro. Estes libros son provistos por Audible.com. Este é o mesmo formato dispoñible se o usuario se inscribe directamente con Audible.com e elixe o formato "iPod". A principal diferenza é que non é necesario inscribirse para unha subscrición para conseguir os libros falados como ocorre en Audible. Un pequeno desconto é outorgado pola compra de libros falados a través de iTunes Store, pero sobre unha base selectiva de Apple en comparanza con "sempre descontos para membros" se un ten unha subscrición a Audible.

En outubro de 2005, Apple anunciou que a máis recente versión do iPod para esa data podería reproducir arquivos de vídeo, os cales poderían venderse en líña a través de iTunes Store nos Estados Unidos. Entre estes inclúense 2000 vídeos musicais e episodios de programas populares de televisión. Apple fixo un trato con Disney para ser o primeiro provedor de programas televisivos, entre os primeiros se encontraban episodios de Lost e Desperate Housewives con cada episodio posto en circulación ao día seguinte da súa difusión en televisión. Moitas películas animadas de curta duración de Pixar tamén están dispoñibles.

A venda de vídeos en iTunes xeneró un arduo debate sobre se existiría unha audiencia que pagara por programación dispoñible gratuitamente na televisión. Como explicaron en MP3 Newswire, os usuarios están pagando realmente por un servizo no que outro dixitaliza os episodios transmitidos gratuitamente para que poidan ser reproducibles nos seus iPods, por cada episodio na súa forma non comercial e por un lugar conveniente para seleccionar e descargar presentaciones individuales. A través dunha versión actualizada de QuickTime Pro, o programa de reprodución de vídeos de Apple, os usuarios pode crear os seus propios vídeos para o iPod, incluyendo versións dixitalizadas de programas grabados nas saus videograbadoras se eles desean tomarse o tempo e esforzo que representaría ahorrarse o custo.

En xullo de 2006, a serie piloto Aquaman foi posta a disposición para descarga. Foi o primeiro programa ofrecido en iTunes que nunca antes fora propalado nunha rede de televisión. O 12 de setembro de 2006, Apple renomeou a súa tenda iTunes Music Store por iTunes Store ao mesmo tempo en que comezou a vender filmes a través da súa tenda. O servizo debutó cun catálogo de 75 películas de catro estudios de Disney: Disney, Pixar, Miramax e Touchstone Pictures. No mesmo día, Apple incrementó a resolución de vídeos e filmes vendidos en iTunes Store de 320x240 (QVGA) a 640x480 (VGA).

Máis tarde, en decembro de 2006, Apple comezou o lanzamento de tráileres de filmes de balde no formato de iPod de 320x240, no formato de Apple de 640x480, e vídeos de calidade HD. O 9 de xaneiro de 2007, Apple anunciou durante a presentación central de MacWorld que o catálogo de Paramount Pictures sería engadiddo a iTunes Store, sendo o total de filmes superior a 250. O servizo só está dispoñible nos Estados Unidos.

O 12 de febreiro de 2007, unha nota de prensa anunciou a adición de filmes de Lionsgate á tenda, sendo o número total de filmes dispoñibles superior a 400. O 11 de abril de 2007, Apple anunciou que MGM Studios puxera a disposición algúns títulos seleccionados na súa tenda, os cales superaban os 500. MGM declarou que era a maior biblioteca moderna de filmes no mundo. O seu catálogo incluía filmes clásicos como Robocop, West Side History e Mad Max.

O 11 de xuño de 2007, descubriuse que Apple estaba en conversaciones con varios estudios de Hollywood para facer que as novas películas estuvieran dispoñibles para alugueiro. Os títulos poderían ser rentados por US$ 2.99 e expirarían despois dun determinado número de días. O 29 de agosto de 2007 unha selección de programas de televisión foron postos a disposición na tenda en líña inglesa a un prezo de UK£ 1.89 por episodio, incluyendo Lost, Ugly Betty e Desperate Housewives.

iPod games

[editar | editar a fonte]

O 12 de setembro de 2006, a tenda iTunes comezou a ofrecer xogos adicionais para venda co lanzamento de iTunes 7, compatible cos iPod classic o iPod nano con vídeo e son pregravado. Entre os títulos encontrábanse: Bejeweled, Cubis, Mini Golf, Mahjong, Pac-Man, Tetris, Texas Hold 'Em, Vortex, e Zuma. Os xogos non podían ser xogados en iTunes. O 19 de decembro de 2006 iTunes lanzou dous xogos máis para compras: Sudoku e Royal Solitaire. O 7 de febreiro de 2007 iTunes lanzou Ms. Pac-Man.

O 24 de abril de 2007, Apple tamén lanzou iQuiz a US$0.99 (UK£0.79). 'Trivia Packs' adicionais poden ser engadidos a iQuiz a través do programa iQuiz Maker. O 22 de maio de 2007, iTunes lanzou unha versión do videoxogo Lost, baseado na serie de televisión do mesmo nome. Tamén, o 17 de xullo de 2007 The Sims Bowling foi engadido. O 29 de xullo, EA lanzou The Sims Pool, antes do primeiro xogo de Sony BGM, "Musika", o 7 de agosto.

  1. Langer, Andy (2014). "Is Steve Jobs the God of Music?". esquire.com. Consultado o 2017. 
  2. "iTunes' 10th Anniversary: How Steve Jobs Turned the Industry Upside Down". rollingstone.com. Consultado o 2017. 
  3. "Apple has a playbook for killing free music, and it was written by Steve Jobs". businessinsider.com. Consultado o 2017. 
  4. "Steve Jobs on the iTunes Music Store: The Unpublished Interview". technologizer.com. Consultado o 2017. 
  5. "The iTunes influence, part one: How Apple changed the face of the music marketplace". engadget.com. Consultado o 2017. 
  6. "April 28, 2003: Apple opens iTunes Store". wired.com. Consultado o 2017. 
  7. "15 years of iTunes: A look at Apple's media app and its influence on an industry". macworld.com. Consultado o 2017. 
  8. "Apple introduced iTunes Store 13 years ago today". cultofmac.com. Consultado o 2017. 
  9. "Apple Launches the iTunes Music Store". apple.com. Consultado o 2017. 
  10. "Apple Launches iTunes for Windows". apple.com. Consultado o 2017. 
  11. "iTunes Store Top Music Retailer in the US". apple.com. Consultado o 2023. 
  12. "iTunes Store Tops 10 Billion Songs Sold". apple.com. Consultado o 2023. 
  13. "iTunes Store quietly generates record revenues of $1.4 billion". appleinsider.com. Consultado o 2013. 
  14. "Apple's iTunes Store passes 35 billion songs sold milestone, iTunes Radio now has 40 million listeners – MacDailyNews – Welcome Home". macdailynews.com. Consultado o 2016. 
  15. "Apple's ITunes Overtaken by Streaming Music Services in Sales". bloomberg.com. Consultado o 2018. 
  16. "The music business is growing again — really growing — and it's because of streaming". recode.net. Consultado o 2018. 
  17. "iTunes is now available in the Microsoft Store for Windows 10". theverge.com. Consultado o 2019. 
  18. "Apple brings iTunes to Samsung TVs as it seeks new revenue". cnn.com. Consultado o 2019. 
  19. "Apple to Replace iTunes With 3 Media Apps". hollywoodreporter.com. Consultado o 2020. 
  20. "What happens to your music and movie downloads now iTunes is dead". independent.co.uk. Consultado o 2020. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]