Ernesto Lucena Barrero
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1978 (45/46 anos) Bogotá, Colombia |
Ministro do Deporte de Colombia | |
16 de setembro de 2019 – 14 de xullo de 2021 | |
Datos persoais | |
Educación | Sergio Arboleda University (en) |
Actividade | |
Ocupación | xogador de squash |
Deporte | Squash |
Familia | |
Pai | Ernesto Lucena Quevedo (en) |
Ernesto Lucena Barrero, nado en Bogotá en 1978, é un político, profesor universitario e antigo deportista colombiano, que foi ministro de deportes dende o 6 de setembro de 2019 ata o 14 de xullo de 2021[1].
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo do político Ernesto Lucena Quevedo e de Zayda Barrero, estudou no Colexio Nueva Granada de Bogotá, o máis caro do país[2], e despois fixo dereito na Universidade Sergio Arboleda. Entre 1999 e 2005 foi xogador de squash de alto rendemento, entre os seus logros salienta a medalla de ouro nos Xogos Deportivos Nacionais de 2004 [3]. Foi profesor da Universidade Sergio Arboleda dende 2005 e decano da escola de dereito de 2008 a 2018.
O 19 de setembro de 2018 asumiu o cargo de director xeral de Coldeporte e froito do seu labor logrou a creación dun ministerio de deportes[4]e, xa que logo, asumiu a nova carteira o 16 de setembro de 2018 posto que mantivo ata a súa renuncia o 14 de xullo de 2021. So o seu guieiro estableceuse un programa de atención individualizada a 2000 nenos en todo o país e proxectos avanzados de desenvolvemento deportivo en diferentes especialidades. Tamén impulsou a expansión da liga profesional feminina de fútbol[5]. Dende 2021 é decano da PRIME Business School da Universidade Sergio Arboleda[6].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Ernesto Lucena, de director de Coldeportes a ministro del Deporte". Semana. 15 de setembro de 2019.
- ↑ "Los colegios de la elite: los más caros pero no los mejores". Las 2 orillas. 26 de novembro de 2014.
- ↑ "Ernesto Lucena, nuevo director de Coldeportes". Marca Claro. 19 de setembro de 2018. Arquivado dende o orixinal o 18 de novembro de 2022. Consultado o 18 de novembro de 2022.
- ↑ "El legado y lunar de Ernesto Lucena al frente del Ministerio del Deporte". Caracol. 7 de xullo de 2021.
- ↑ "Ernesto Lucena anunció su salida del Ministerio del Deporte". El País. 16 de xuño de 2021.
- ↑ "La Universidad Sergio Arboleda otorgará becas a las Jugadoras de Independiente Santa Fe". Fémina Fútbol. 16 de novembro de 2021. Arquivado dende o orixinal o 18 de novembro de 2022. Consultado o 18 de novembro de 2022.