Saltar ao contido

Aretha Franklin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAretha Franklin

(1968) Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(en) Aretha Louise Franklin Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento25 de marzo de 1942 Editar o valor en Wikidata
Memphis, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Morte16 de agosto de 2018 Editar o valor en Wikidata (76 anos)
Detroit, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Causa da mortecancro de páncreas Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaWoodlawn Cemetery (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
ResidenciaDetroit
Encino
Memphis Editar o valor en Wikidata
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Grupo étnicoAfroamericano Editar o valor en Wikidata
RelixiónIgrexa Anglicana Editar o valor en Wikidata
EducaciónEscola Juilliard (1997–)
Northern High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Cor dos ollosCastaño Editar o valor en Wikidata
Cor do peloCabelo castaño Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoComposición musical, Soul, Gospel, canto e interpretación de piano Editar o valor en Wikidata
Ocupacióncantante , pianista , artista discográfico , compositora de cancións , compositora Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1956 Editar o valor en Wikidata - 2017 Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Demócrata Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoSoul, Funk, Gospel, música pop, pop rock, Jazz e Rhythm and blues Editar o valor en Wikidata
ProfesoresBrooks Alexander (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Influencias
LinguaLingua inglesa Editar o valor en Wikidata
TesituraMezzosoprano Editar o valor en Wikidata

InstrumentoPiano e voz Editar o valor en Wikidata
Selo discográficoArista
RCA
Warner Music Group
Columbia Records
Atlantic Records
Battle Records (en) Traducir
Checker Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeGlynn Turman (1978–1984)
Ted White (1961–1969)
PaisC. L. Franklin (en) Traducir Editar o valor en Wikidata  e Barbara Siggers Franklin (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
IrmánsErma Franklin e Carolyn Franklin (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
12 de xuño de 1971Aretha Franklin concert (en) Traducir (Montreux) Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor en Wikidata

Páxina webarethafranklin.net Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0291349 Allocine: 1083 Rottentomatoes: celebrity/aretha_franklin Metacritic: person/aretha-franklin TV.com: people/aretha-franklin IBDB: 495476
Facebook: arethafranklin Twitter: ArethaFranklin Instagram: arethafranklin MySpace: arethafranklin Youtube: UCSuWu2ZVL3kRmKtCggqskQQ BNE: XX875896 Spotify: 7nwUJBm0HE4ZxD3f5cy5ok iTunes: 98742 Last fm: Aretha+Franklin Musicbrainz: 2f9ecbed-27be-40e6-abca-6de49d50299e Songkick: 174814 Discogs: 38863 Allmusic: mn0000927555 WikiTree: Franklin-10478 Find a Grave: 192285104 Deezer: 2059 Genius: Aretha-franklin Editar o valor en Wikidata


Aretha Louise Franklin, nada o 25 de marzo de 1942 en Memphis,  e finada en Detroit o 16 de agosto de 2018[1], foi unha cantante de soul, R&B e gospel. Recibiu o alcume de «Lady Soul» (a dama do soul) ou «Queen of soul» (a raíña do soul), e foi unha das artistas máis influentes na música contemporánea, ostentando o posto número un da lista dos 100 cantantes máis grandes de todos os tempos da revista Rolling Stone.[2] A mediados da década de 1960 consolidouse como estrela feminina do soul, algo que favoreceu os dereitos raciais e das mulleres nos Estados Unidos. En 1987, Franklin converteuse na primeira muller en entrar no Salón da Fama do Rock.[3]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Filla dun predicador baptista, con catorce anos cantaba na igrexa coas súas irmás Carolyn e Erma. Coñeceu e recibiu influencias das estrelas do gospel Clara Ward e Mahalia Jackson. Entre 1956 e 1960 dedicouse unicamente a cantar gospel. El 1960 contratouna Columbia Records, onde gravou cun estilo no que non acababa de encaixar, e o disco co que tivo máis éxito neste selo foi Rock-a-bye Your Baby with a Dixie Melody. En 1966 pasou a Atlantic Records volvendo ao estilo R&B e gravando o seu primeiro grande éxito, do que se venderon máis do millón de exemplares: I never loved a man (The way I love you) composto por Ronnie Shannon onde Aretha cantaba e tocaba o piano. A súa carreira musical continuou con material orixinal e versións doutros compositores, como: (You make me feel like) A natural woman, de Gerry Goffin e Carole King, I say a little prayer de Burt Bacharach e Hal David, Eleanor Rigby, de The Beatles, Border song (Holy Moses), de Elton John, Bridge over troubled water, de Simon and Garfunkel ou Until you come back to me (That's what I'm gonna do), de Stevie Wonder. En 1980 pasou á discográfica Arista onde co seu primeiro álbum, titulado Aretha, e a canción, "United together", chegou ao "top ten". O dueto con George Michael I Knew You Were Waiting For Me foi tamén un grande éxito. No cinema participou nos filmes Os Blues Brothers (1980) e Blues Brothers 2000 (1998).

  1. "Muere Aretha Franklin". Faro de Vigo (en castelán). 16 de agosto de 2018. 
  2. (en inglés) Ficha en Rolling Stone: «100 Greatest singers of all time» Rolling Stone, consultado o 6 de xaneiro de 2011.
  3. Ficha biográfica Rolling Stone, consultado o 1 de marzo de 2013.