Castro é unha enorme colección de información sobre o teu dispositivo e un conxunto de ferramentas para controlar o seu estado. Isto permíteche comprobar o rendemento do teu dispositivo en tempo real.
Gran colección de información
Castro procesa e mostra unha gran cantidade de información, a saber:
• Estatísticas detalladas do procesador (CPU e GPU);
• Monitorización da batería;
• Consumo de todo tipo de memoria;
• Uso de datos a través de Wi-Fi e redes móbiles;
• Datos de sensores en tempo real con gráficos útiles;
• Información detallada sobre as cámaras do dispositivo;
• Lista completa de códecs de audio e vídeo dispoñibles;
• Monitorización das temperaturas do dispositivo.
O máis importante no "Panel de control"
Se non che interesa información demasiado detallada nun volume maior, sempre podes usar a xanela "Panel de control", que recolle toda a información máis importante: uso da CPU, estado da batería, uso da rede e carga de memoria do dispositivo.
Máis control con ferramentas útiles
• Comparte a información do teu dispositivo usando "Exportación de datos";
• Proba o teu estado de visualización a través de "Probador de pantalla";
• Comprobe o ruído ao seu redor co "Comprobador de ruído".
Aínda máis funcións con "Premium"
• Personalización profunda da interface con varias cores e temas;
• Widget configurable na pantalla de inicio, con información sobre batería, memoria e moito máis;
• Monitor de velocidade do tráfico de rede para rastrexar a súa velocidade de conexión;
• Monitor de uso da CPU para estar ao tanto do uso da frecuencia;
• Formato PDF para exportar información;
• E aínda máis en breve!
Preguntas frecuentes e localización
Buscas respostas ás preguntas máis frecuentes (FAQ)? Visita esta páxina: https://pavlorekun.dev/castro/faq/
Queres axudar na localización de Castro? Visita esta páxina: https://crowdin.com/project/castro
Última actualización
3 de xuño de 2024