Saltar ao contido

Larinxe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Larinxe
Anatomía da larinxe, vista anterolateral
Imaxe endoscópica da larinxe

A larinxe é un tubo músculo cartilaxinoso da parte superior do aparello respiratorio e órgano esencial na fonación. Forma parte do eixo visceral do pescozo, localizada na liña media, por diante da farinxe, de tal maneira que a parede posterior da larinxe está pegada á parte anterior do esófago. Os aneis cartilaxinosos da larinxe mantéñena sempre aberta, pero a estrutura péchase durante a deglutición para evitar broncoaspiracións. Máis concretamente é unha cartilaxe larínxea denominada epiglote a encargada desta acción.

Esténdese dende a segunda ou terceira vértebra cervical ata a sexta, punto no que comeza a traquea. Mantense nesta posición debido a que está unida ó hioide, á lingua, á base do cranio, á farinxe e a que se continúa coa traquea.

Relacións da larinxe

[editar | editar a fonte]

Relacións anteriores:

  • Músculo cutáneo do pescozo, envolto na fascia superficial do pescozo.
  • Veas xugulares anteriores, unidas entre si por unha anastomose.
  • Músculos infrahioides: esternohioide, esternotirohioide, tirohioide, omohioide.
  • Lóbulo piramidal da glándula tiroide. Este lóbulo é inconstante.

Relacións laterais:

Relación posterior:

Cartilaxes larínxeas

[editar | editar a fonte]

Presenta nove cartilaxes, unhas son únicas: tiroide, cricoide e epiglote, e outras dobres: aritenoides, cuneiformes e corniculados. Pode haber outras cartilaxes que, a diferenza destas, son inconstantes: son os tritíceos e os sesamoides.

Articulacións larínxeas

[editar | editar a fonte]

Hai dúas articulacións larínxeas móbiles: a articulación cricotiroide (plana, só permite pequenos desprazamentos) e a articulación cricoaritenoide (tipo trocoide, permite desprazamento e rotación; é a articulación da tensión das cordas vocais).

A primeira delas establécese entre a cartilaxe cricoide (na confluencia da lámina co anel cricoide) e as hastas menores da cartilaxe tiroide. A segunda, cricoaritenoide, establécese sobre a superficie superior do anel cricoide e a base das cartilaxes aritenoides.

Existe unha terceira articulación larínxea, pero non é móbil. Trátase da articulación aritenocorniculada, entre as cartilaxes aritenoides e os corniculados.

Membranas e ligamentos

[editar | editar a fonte]
  • Membrana tirohioide: une a tiroide ó óso hioide. Os bordos laterais son os ligamentos tirohioides laterais. A membrana está perforada polo ramo interno do nervio larínxeo superior e polos vasos larínxeos superiores.
  • Membrana cricotiroide: une tiroide e cricoide.
  • Membrana cricotraqueal: une o cricoide ó primeiro anel traqueal.
  • Ligamento glosoepiglótico.
  • Ligamento hioepiglótico.
  • Ligamentos aritenoepiglóticos.
  • Ligamento tiroepiglótico.
  • Ligamentos tiroaritenoides superior e inferior.
  • Membrana fibroelástica.

Músculos da larinxe

[editar | editar a fonte]
  • Músculo cricotiroide ou tensor das cordas vocais.
  • Músculo cricoaritenoide posterior ou dilatador da glote.
  • Músculo tiroaritenoide interno ou vocal.
  • Músculo tiroaritenoide externo.
  • Músculo ariaritenoide ou interaritenoide.
  • Músculo cricoaritenoide lateral.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]