Atol Bassas da India
Coordenadas: 21°27′44″S 39°45′03″L / -21.46222, -39.75083
Bassas da India | |
---|---|
Datos | |
País | Francia |
Illa principal | |
Linguas | |
Poboación (2009) | Deshabitado |
Superficie | 0,2 km² |
Superficie lagoa | 79,8 km² |
Nº de illas | 10 |
Coordenadas | 21°30′S 39°50′L / -21.500, -39.833 |
Maior Altura | |
Localización | |
Bassas da India é un atol deshabitado de 0,2 km² de superficie, o que o constitúe na porción de terra máis pequena rodeada por auga. Forma parte do grupo das illas dispersas do Océano Índico. Ecoloxicamente, pertence á ecorrexión denominada matogueira xerófila das illas Europa e Bassas da India.
Historia
[editar | editar a fonte]Bassas da India avistouse por primeira vez por exploradores portugués no século XVI. Primeiro foi chamado 'Baixo da Judia'. "Judía" era o nome dun barco portugués que encallou neste arrecife. Este barco chamábase "judía", xa que o seu propietario era un comerciante xudeu de Portugal. O nome converteuse en Bassas da India, debido a erros de transcrición dos cartógrafos.
Tamén foi descuberto polo Europa en 1774, de aí o nome de "the Europa Rocks". En 1897 converteuse nunha posesión francesa.
Desde o decreto do 3 de xaneiro de 2005, as illas dispersas e polo tanto Bassas da India están baixo a autoridade do administrador superior das Terras austrais e antárticas francesas con base en Saint-Pierre (Reunión). Considerado como un dominio privado do estado, non forma parte da Unión Europea.
Madagascar reclama a soberanía sobre Bassas da India. A cuestión é económica e marítima, pois a pesar do pequeno tamaño do atol, a zona económica exclusiva é extensa con 123.700 km² de superficie.