Pretty Nose
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1851 |
Morte | século XX (>1952) |
War chief (en) | |
Actividade | |
Carreira militar | |
Conflito | Batalla de Little Bighorn |
Pretty Nose (nada c.. 1851) foi unha muller arapaho que participou na batalla de Little Bighorn. Viviu cando menos ata os 101 anos e converteuse en xefa de guerra.[1][2][3]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Pretty Nose pertencía ao pobo arapaho, aínda que nalgunhas fontes se refiren a ela como cheyenne.[4] Foi identificada como arapaho polas súas pulseiras de contas vermellas, negras e brancas.[1][a]
Pretty Nose participou na batalla de Little Bighorn en 1876 cun destacamento combinado cheyenne/arapaho.[5]
O descendente de Pretty Nose, Mark Soldier Wolf, converteuse nun ancián tribal arapaho que serviu no Corpo de Marines dos Estados Unidos durante a guerra de Corea. Pretty Nose foi testemuña do seu regreso á reserva india de Wind River en 1952, á idade de 101 anos. Nese momento Mark Soldier Wolf informou que pulseiras que indicaban que era unha xefa de guerra.[1]
Pretty Nose foi retratada na novela de 2017 The Vengeance of Mothers: The Journals of Margaret Kelly & Molly McGill de Jim Fergus.[6][7][8][9]
Fotografías
[editar | editar a fonte]Unha fotografía tirada por Laton Alton Huffman c. 1880 amosa Pretty Nose cunha moza chamada Spotted Fawn.[10] Unha fonte do Montana Memory Project sinala que eran irmás.[11] Apareceu en varios gravados en prata de Huffman, e agora forman parte da colección da Biblioteca de Princeton.[12] A súa foto aparece na cuberta de The Spirit of Indian Women (Judith Fitzgerald e Michael Oren Fitzgerald, eds.).[13]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ As dúas tribos foron aliadas na Batalla de Little Bighorn e aínda están agrupadas oficialmente como as Tribos Cheyenne e Arapaho.
- Referencias
- ↑ 1,0 1,1 1,2 Tristan Ahtone (28 de setembro de 2014). "The Story of Soldier Wolf". Al Jazeera America. Arquivado dende o orixinal o 1 de outubro de 2015. Consultado o 26 de xullo de 2015.
- ↑ Mark Herbert Brown; William Reid Felton (1955). The Frontier Years: L. A. Huffman, Photographer of the Plains. Nova York: Holt. p. 202-204.
- ↑ Hilleary, Cecily. "Smithsonian to Honor Native American Veterans With National Memorial". Voice of America. Arquivado dende o orixinal o 15 de xaneiro de 2020. Consultado o 1 de outubro de 2020.
- ↑ "Pretty Nose, Cheyenne Girl, Fort Keogh. [Picture]". ArchiveGrid. Arquivado dende o orixinal o 9 de outubro de 2020. Consultado o 26 de xullo de 2015.
- ↑ "Women warriors". Northern Arapaho Tribal Historic Preservation Office. 25 de xuño de 2020. Arquivado dende o orixinal o 4 de outubro de 2020. Consultado o 9 de outubro de 2020.
- ↑ Fergus, Jim (2017-09-12). The Vengeance of Mothers: The Journals of Margaret Kelly & Molly McGill (en inglés). St. Martin's Publishing Group. ISBN 978-1-250-09342-4.
- ↑ Jane Krebs (September 21, 2017). "The Vengeance of Mothers: The Journals of Margaret Kelly & Molly McGill". BookReporter. Consultado o 13 de outubro de 2020.
- ↑ Fergus, Jim (2016). Mille femmes blanches. 2, La vengeance des mères : les journaux de Margaret Kelly et de Molly Mcgill : roman. Piningre, Jean-Luc. Paris: Cherche-Midi. ISBN 978-2-7491-4329-3. OCLC 960930869.
- ↑ "Jim Fergus : Touche pas la femme indienne !". Femme Actuelle (en francés). Consultado o 2020-10-20.
- ↑ ""Spotted Fawn" & "Pretty Nose," Cheyenne". Princeton University Library. Arquivado dende o orixinal o 19 de novembro de 2015. Consultado o 1 de decembro de 2015.
- ↑ "Cheyenne Girls. Sisters.". Montana Historical Society. 1878. Arquivado dende o orixinal o 19 de novembro de 2015. Consultado o 1 de decembro de 2015.
- ↑ "Princeton University Library Collection of Western Americana Photographs (WC064) -- "Spotted Fawn" & "Pretty Nose," Cheyenne". findingaids.princeton.edu. Consultado o 2020-10-20.
- ↑ The spirit of Indian women. Internet Archive. Bloomington, Ind. : World Wisdom. 2005. ISBN 978-0-941532-87-7.