Heroides
Heroides (ou Heroidas; en latín : Epistulae Heroidum, lit. "Cartas das heroínas") son unha colección de quince poemas epistolares compostos, en latín, polo autor romano Publio Ovidio Naso. Escritas en dístico elexíaco, presentan unha selección de cartas coma se fosen escritas por heroínas da mitoloxía grega e da mitoloxía romana que, dalgún xeito maltratadas, descoidadas ou abandonadas, escriben aos seus amantes. Asigna un papel ás mulleres pouco habitual na literatura da Antigüidade clásica.[1]
Heroides | |
---|---|
Autor/a | Ovidio |
Orixe | Imperio Romano |
Lingua | lingua latina |
Xénero(s) | epistolario |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Heroides dobres
editarUn conxunto adicional de seis poemas, moi coñecidos como Heroides dobres e numerados do 16 ao 21 nas edicións académicas modernas, seguen estas cartas individuais e presentan tres intercambios separados de epístolas emparelladas: unha dun heroico amante á súa amada ausente e outra da heroína en resposta.
Notas
editar- ↑ "heroidum-epistularum-vii-ovidio" (PDF). repositorio.uca.edu.ar (en castelán e inglés). Consultado o 22 de xullo de 2023.
Véxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: Grecia antiga |
Outros artigos
editar